domingo, 2 de junio de 2024

IGREXA DE SANTA MARÍA DE FREÁS DE EIRAS - FREÁS DE EIRAS - RAMIRAS

 IGREXA DE SANTA MARÍA

FREÁS DE EIRAS

RAMIRAS

 Freás de Eiras
       Santa María de Freás de Eiras é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 274 habitantes (132 homes e 142 mulleres), 17 menos ca en 2006.

Historia
     Até 1926 constituíu concello de seu, fusionándose nese ano co de Vilameá de Ramirás para dar orixe ao actual municipio de Ramirás.

      En 1935 inaugurouse a Escola Concepción Yáñez, financiada polo filántropo Rogelio García Yáñez.

Lugares de Freás de Eiras
     Freás de Eiras, O Picouto, Ponte dos Madeiros, Ramirás, San Tomé

Ramirás
      Ramirás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova.

       Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2014 tiña unha poboación de 1.643 persoas (2.053 en 2003). O xentilicio é ramirao.

Historia
      Comezou a ser habitado polos Coelernos, que construíron os castros de Grixó e Marnotos. Na Idade Media estas terras remataron caendo baixo o dominio do mosteiro de Celanova, que tiña aquí un dos seus priorados en Paizás, en constante litixios e preitos contra das monxas do mosteiro de San Pedro de Ramirás por mor das lindes dos seus dominios ata que os monxes conseguiron que extinguisen a vida monástica feminina deste lugar e así dominar eles sós a zona.

     O concello naceu administrativamente en 1926, trala fusión dos municipios de Freás de Eiras e Vilameá de Ramirás. A cabeza do antigo priorato de Celanova, San Salvador de Paizás, era chamado antigamente "de Eiras", sendo ese o nome dado ao río Tuño, segundo consta na documentación do mosteiro desde finais da Alta Idade Media.

Patrimonio
     O mosteiro de San Pedro de Ramirás é do século X. Aínda que a orixe non está ben establecida, sábese que foi fundado por Omnéga, abadesa do mosteiro de Santa Comba de Bande. Convento dos beneditinos en 1137, logo tivo diversos cambios. A igrexa, empezada no estilo románico, foi acabada no estilo gótico.

     Ramirás conta con parte da ruta homologada de sendeirismo PR-G 143 Ruta do río Arnoia. É unha ruta lineal duns 11 km entre o Santuario da Nosa Señora do Val (Gomesende) e Escudeiros (Ramirás).

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901