IGREXA DE SAN SIMÓN DE LIRA
AS CARRASQUEIRAS
LIRA
SALVATERRA DE MIÑO
Lira
San Simón de Lira é unha parroquia do concello de Salvaterra de Miño.
En 2004 tiña 327 habitantes, distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 378 habitantes.
Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 291 habitantes, sendo 147 homes e 144 mulleres.
Xeografía
Limita ao norte co concello de Ponteareas, ao sur coas parroquias de Soutolobre e Leirado, ao leste con Vilacova e pola parte occidental coa parroquia de Fornelos e o concello de Ponteareas.
A altitude media é baixa, arredor duns 60 m sobre o nivel do mar. O relevo ten outeiros macíos, salientando o lombo de Santo Amaro. Non hai chairas agás na zona norte onde o río forma unha mediana extensión con algunhas insuas
A freguesía ten boa cantidade de auga en parte por mor a súa escasa altitude. Atravésana gran cantidade de regueiros. Pola zona norte pasa o río Uma, outros cursos importantes son o Regueiro da Vila e o Rego da Lavandeira. Salientar os vellos sistemas de rega cos que contaba a parroquia para paliar as secas do estío, formados por pozas e canles.
Parte das marxes do río Uma tamén se achan canalizadas con vellos muros de cachotería, para controlar ou modificar o curso ou levar auga aos muíños.
Comarca do Condado
A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.
Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.
Toponimia
O topónimo O Condado vén do celta galaico: *Comdato < *kom-dhh1t-o 'confluencia, reunión de augas'.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901