sábado, 1 de junio de 2024

CRUCEIRO DE CRUCEIRO NOVO - O CRUCEIRO NOVO - POSMARCOS - A POBRA DO CARAMIÑAL

 CRUCEIRO DE CRUCEIRO NOVO

O CRUCEIRO NOVO

POSMARCOS

A POBRA DO CARAMIÑAL

     Cruceiro de Loreto ou de Capela que nace sobre dous chanzos e unha base de sección tronco-piramidal. 

      A base conserva unha serie de inscricións moi desgastadas de difícil lectura.

     O seu groso varal octogonal da paso a unha capeliña cunha fornela que posúe derrame interno.

     No seu interior habia unha imaxe pétrea da Virxe con Neno no colo.

     O conxunto coróase cunha cruz tipo latina coa imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

     Este cruceiro foi reconstruído no século XVIII.

       Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

      Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.

       Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.

MAPA 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901