viernes, 15 de julio de 2022

IGREXA DE SAN SALVADOR DO MAO - SAN SALVADOR - O INCIO

 IGREXA DE SAN SALVADOR DO MAO

SAN SALVADOR

O INCIO

     Igrexa de orixe románica moi desfigurada. Consta dunha nave cuberta de lousa a dúas augas. Fronte con portada en arco sen impostas. Espadana de dous vans. Ábsida máis baixa e reducida ca nave, de dous corpos, o primeiro recto e bóveda de canón, e semicircular o outro, protexido por catro piastras exteriores.

     Adro pechado e cuberto en lousa que circunda a igrexa a modo de claustro e que acolle o cemiterio. No interior, retábulo maior renacentista do século XVII, e retábulos laterais neogóticos con esceas en relevo.

     A igrexa figura na concordia que no ano 1195 puxo fin ao longo preito entre os abades de Samos e o Cabido de Lugo sobre a posesión do templo e dos seus bens. Segundo a tradición, no lugar, que recibía o nome de Flanello ou Planeto (non deixou pegada na toponimia), había un primitivo mosteiro, posiblemente dúplice, anexionado a Samos por Vermudo II na última década da décima centuria coñecido como San Salvador de Lemos.

     Pero o que máis chama a atención do conxunto son as cinco caveiras empotradas no muro que pecha o cemiterio e a igrexa. Non teñen maxila inferior e están situadas detrás da ábsida, dando a impresión de que, dende o exterior, están a asistir aos actos relixiosos que se celebran no interior.

     Expostas na parte máis escura do lugar, aumentan a súa lúgubre apariencia. A disposición dos cranios non semella casual, todo apunta a que foron ordenados para indicar ou sinalar algo relacionado co morto ou coa morte, ou ambas á vez.

     A morte non se trataba á lixeira e a Igrexa non dubidou en utilizala para meter medo: a simboloxía era máis eficaz ca o sermón. A partires do século XV, os ósos que afloraban da terra expoñíanse en galerías cubertas e sobre o propio pórtico da igrexa.

     A única persoa que había na aldea díxonos que sempre se crera que pertencían a uns monxes do desaparecido cenobio. Non moi lonxe da igrexa pódese ver unha antiga tumba feita con laxes; dise que no baixo da reitoral apreceran outros enterramentos do mesmo tipo.

      Na provincia de Lugo hai outras igrexas con cranios empotrados na parede: Os Vaos (Ribeira de Piquín), Órrea (Riotorto) e Conforto (A Pontenova).

San Salvador do Mao
     San Salvador do Mao é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo.

     No ano 2007 tiña 116 habitantes, deles 58 eran homes e 58 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de San Salvador do Mao
      Arruxo, A Castiñeira, Cereixido, As Cortiñas, Os Currais, Pacios, Pedrouzos, Piornedo, Queixade, San Salvador, Teixeira, Valbón, As Veigas, Vilamor 

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901