domingo, 3 de julio de 2022

CASTELO DA LÚA - O PAZO - SANTA COMBA - RIANXO

 CASTELO DA LÚA

O PAZO

SANTA COMBA

RIANXO

 Castelo da Lúa
      O castelo da Lúa é un sitio arqueolóxico conformado polos restos dun castelo medieval situado ao carón da praia da Torre e o seu paseo marítimo, e habilitado para a súa visita libre.

Situación
     Sitúase no lugar do Pazo, na parroquia de Santa Comba, Rianxo. Está nas inmediacións da praia da Torre, na punta da Torre, tamén coñecida como A Salgueiriña.

Historia
     O castelo foi erixido, probablemente no século XIII, por Pai Gómez Chariño, pasando máis tarde a formar parte do patrimonio da Orde do Temple e despois do da arquidiocese compostelá.

     Derrubado polos irmandiños ó redor do ano 1465 e reedificado novamente por Sueiro Gomes de Soutomaior, bisneto do anterior.

     As novas conservadas sinalan o ano 1480 como o ano no que foi novamente derrubado polo gobernador real Fernando de Acuña. Dende entón ata 1532 as ruínas do castelo foron empregadas como cárcere, ata que nese ano a súa xurisdición pasa ao arcebispo Alonso II de Fonseca, novo señor da zona.

     Quedando a fortaleza arruinada no ano 1600 as ruínas foron espoliadas para realizar no ano 1740 o campanario da igrexa de Santa Comba de Rianxo, así como distintas construcións na comarca e arredores.

Escavacións arqueolóxicas
     No verán do ano 2001 o equipo dirixido por A. Bonilla Rodríguez realizaron traballos de escavación que lles permitiron comprobar que a construción tiña planta trapezoidal cunha muralla exterior, xa desaparecida, reforzada no lado sur por un foso, e unha segunda muralla interna. no seu interior situábase a torre da homenaxe complementada por dous baluartes laterais.

     No ano 2007 realizáronse novas escavacións e traballos de consolidación e limpeza do destapado en campañas anteriores. 

     Os traballos centráronse na fachada dianteira e no espazo existente entre a segunda muralla e o foxo. Durante os traballos atopouse abondoso material cerámico (datado entre os séculos XI a XIII): olas, cuncas, vasos, xerras, botellas, potes ou testos, e tamén un total de oito moedas.

Situación actual
     Na actualidade quedan soamente os vestixios do que noutrora fora unha das fortalezas militares maiores de Galiza, da que hoxe en día poden verse os cimentos da localización orixinal, na punta da Praia da Torre (nomeada así por mor da presenza do castelo), na desembocadura do río Té.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901