miércoles, 6 de julio de 2022

ERMIDA DO SANTO ROSARIO - CHORENTE - O OURAL - SARRIA

 ERMIDA DO SANTO ROSARIO

CHORENTE

O OURAL

SARRIA

      A ermida do Santo Rosario, en Oural, foi construída polo propio ermitán

     O coñecido como o ermitán de Oural fixérase popular nos anos 90 por construír coas súas propias mans unha ermida nun monte de Sarria.

Máis de 20 anos desde que a rematou e máis de 30 desde que comezara a construíla.

     Foi a obra e ilusión de Manuel Vázquez, coñecido como o ermitán de Oural, clara alusión á parroquia sarriá onde se atopa esta singular ermida. 

      Inspirada en Gaudí polos anos que pasou en Barcelona e levada a cabo por unha especie de revelación nunha viaxe a Grecia.

     A ermida do Santo Rosario arrastra problemas de humidades e de acceso ao lugar. De aí as cores, os cristais.

     O lugar fora inaugurado no 98 polo fundador do circo de Benposta e tivera no seu tempo certa notoriedade e visitas de turistas. Hoxe, aos problemas de acceso de hai anos, súmanselle outros novos.

      Con todo, cando non hai goteiras, a ermida segue aberta ao público.

     Manuel, que tivo que facerse cargo de dous irmáns con diversidade funcional, non puido atendela todo o que lle gustaría. ueretirarse alí para rezar rosarios.

O Oural
     O Oural é un lugar da parroquia de Chorente, no concello lugués de Sarria, na comarca de Sarria. Atópase a 600 metros de altitude.

     Segundo o IGE, en 2017 tiña 323 habitantes (155 homes e 168 mulleres).

Economía
      O núcleo do Oural naceu a consecuencia da apertura da factoría de Cementos Cosmos, xa que antes non existían casas na zona.

Comunicacións
      Polo Oural pasa a estrada LU-546 que une Lugo e Monforte de Lemos. Tamén rodea a localidade polo oeste o corredor CG-2.2 que realiza o mesmo percorrido que a estrada anterior sen pasar polas localidades. A estrada secundaria LU-642 une O Oural co concello do Incio.

     Tamén pasa polo Oural a liña ferroviaria León-A Coruña, que conta cunha estación na localidade, aínda que actualmente non ten servizo de pasaxeiros.  

Chorente
     San Xulián de Chorente é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. 

      Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 464 habitantes (222 homes e 242 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 493 habitantes.

Economía
      Destaca a fábrica de cemento de Cementos del Noroeste no Oural.

Patrimonio
     A igrexa parroquial ten a fachada en estilo románico, sendo o resto unha construción do século XVIII. Hai dúas capelas na honra de san Marcos e santo Antonio.

Lugares de Chorente
      Airexe, Carballo, Ferradal, O Oural, A Quintá, Sanguñedo, Santigoso, Traslodeiro, Vilaverde


Comarca de Sarria
     A comarca de Sarria é unha comarca galega situada na metade sur da provincia de Lugo. 


     Limita polo noroeste coa comarca de Lugo, polo nordeste coa dos Ancares, polo sueste coa de Quiroga, polo oeste coa de Chantada e polo sur coa Terra de Lemos.

     A capital da comarca, así como o núcleo máis poboado, é Sarria.  

MAPA

 

Fuente: Radio Television de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA

2 comentarios:

  1. O lugar de O OURAL ( Novo ) xurdeu cando se abre o ferrocarril ( 1882 ) cando se crea a ESTACION DO OURAL, que moi axiña quedou co nome de O OURAl, en tanto que se mantivo o de OURAL VELLO para o primeiro lugar dese nome, ao sur da poboación actual.

    ResponderEliminar
  2. Me perece muy bien que se hable do Oural, hasta non fai moito non se sabía nada deste pobo que naceo a sombra da fabrica

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901