viernes, 15 de julio de 2022

LOUXADELAS - SOUTORDEI - RIBAS DE SIL

 LOUXADELAS

SOUTORDEI

RIBAS DE SIL

Louxadelas
     Louxadelas é un lugar da parroquia de Soutordei, no concello lucense de Ribas de Sil.

     En 2008 estaba habitado por unha muller, ao igual ca en 2007.

Soutordei
      Santiago de Soutordei é unha parroquia do concello lugués de Ribas de Sil na comarca de Quiroga.


      No ano 2007 tiña 23 habitantes (9 homes e 14 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Soutordei
     A Aldea, Chenzas, A Fraga, Louxadelas, Moredo, O Outeiro, As Portas, Souto

Ribas de Sil
     Ribas de Sil é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. 

     Segundo o INE a súa poboación no 2018 era de 970 habitantes. O seu xentilicio  é «ribasilense».

Xeografía
     O concello de Ribas de Sil forma unha estreita lingua de terra entre o río Sil (que o separa de Quiroga) e a serra da Moá, que separa as provincias de Lugo e Ourense.

      A súa capital, San Clodio, sitúase á beira do río Sil, fronte a Quiroga.

     Limita cos concellos lugueses de Monforte de Lemos ao oeste, A Pobra do Brollón ao noroeste, e Quiroga ao norte e leste, e cos concellos ourensáns de Castro Caldelas, San Xoán de Río e A Pobra de Trives ao sur.

     Hai restos de presenza humana no Paleolítico e Mesolítico. Daquela aproveitábanse os coios de seixo e cuarcitas formados polos aluvións do río. Tamén se fabricaban machadas de pedra pulimentada. Aínda que sen catalogar, hai referenciadas varias mámoas do Neolítico. Consérvase algún menhir e un crómlech. Da Idade de Bronce consérvanse varias machadas .

      Preto das explotacións mineiras de ouro utilizadas polos romanos, consérvanse varios castros da Idade de Ferro, como o castro de Abaixo, o de Remeite, ou Os Castros.

Comarca de Quiroga
     A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León.

     A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

Parroquias de Ribas de Sil     
     Nogueira (Nosa Señora das Neves), Peites (San Martiño), Piñeira (San Cristovo), Rairos (Santa Lucía), Ribas de Sil (San Clodio), Soutordei (Santiago), Torbeo (Santa María)

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901