jueves, 25 de noviembre de 2021

MILLADOIRO DE RABIÑO - RABIÑO - CORTEGADA

MILLADOIRO DE REBIÑO

SAN BIEITO DE RABIÑO

CORTEGADA

 Rabiño
       San Bieito de Rabiño é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense, na comarca do Ribeiro. 

     No ano 2007 tiña 176 habitantes, dos cales 85 eran homes e 91 eran mulleres. 

     Limita ao Norte con Meréns e Louredo, ao leste con Soutelo, ao sur coa Barca e ao oeste co Río Miño.

Historia
     En 1893 constituíronse as novas parroquias de Cortegada e Louredo, segregándose de Rabiño.

Patrimonio
    Muíños da levada, aproveitando o regato que nace en Louredo e baixa ata o Miño.
    Capela da Santa Mariña de Soutelo.
    Igrexa parroquial: templo barroco construída baixo o dominio do veciño mosteiro de Celanova. A igrexa é de planta de cruz latina en granito do país, cunha soa nave cuberta de arcos de medio punto ata desembocar no cruceiro, onde se forman tres bóvedas sostidas por nervaduras, de catro brazos nos laterais e dezaseis na bóveda da cabeza, onde o deseño debuxa un rombo dividido en catro espazos de lados convexos, as nervaduras están pintadas ou ben son de mármore veteado marrón; as capelas laterais ostentan como claves das súas nervaduras debuxos do sol e a lúa humanizados por un rostro, as claves das nervaduras da bóveda principal teñen decoración vexetal, unha cruz asturiana e unha lúa acompañada de dúas estrelas. Na sancristía a bóveda está sostida por catro nervaduras reunidas nunha clave que ten tallado un sombreiro eclesial de dúas puntas. Tanto as bóvedas laterais como a central conservan pintura.
    Milladoiro único na provincia de Ourense, de grande altura e con bóveda de nervios gardando un cruceiro.
    Peto de ánimas do Rabiño.
    Reitoral do Rabiño, edificio civil barroco.

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

2 comentarios:

  1. Hay una iglesia non lonxe de ahi que é moi interesante. Ó parecer estaba planificada unha basílica pero a cousa non foi acabada. É na parroquia de Gomesende. A Virxe do Val

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901