TORRE DE MIRAZ
MIRAZ
FRIOL
Torre de Miraz
A Torre de Miraz é o resto da edificación defensiva do que foi o castelo da localidade de Friol na provincia de Lugo (Galicia).
Da antiga fortaleza medieval galega só consérvase a torre da homenaxe e un pazo que ten encostado, cun corredor sostido por columnas, que responde polas súas características construtivas ao modelo señorial do século XVIII.
Pertenceu á liñaxe dos Saavedra na temperá Idade Media ata que pasou a ser propiedade dos Andrade no século XV. A súa torre é de planta cuadrangular, con dúas plantas con almenado superior,e unhas raras gárgolas para a saída da auga. Ten no extremo dereito superior da torre un escudo coas armas dos Saavedra, Taboada e Ribadeneira.
Está todo pechado cun alto muro, e accédese a través dun gran portalón que leva aos xardíns e patio interior.
Actualmente, o pazo utilízase como vivenda e a torre como unha especie de faiado no que garda obxectos familiares, arquivo e biblioteca.
Miraz
Santiago de Miraz é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo.
Tiña 101 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 54 homes e 47 mulleres distribuídos en 10 entidades de poboación.
O que supón unha diminución de 40 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 141 habitantes (73 homes e 68 mulleres) e 46 menos que en 2004.
Lugares de Miraz
Corveiros, O Curral da Fonte, A Florida, As Laxes, O Outeiro Grande, O Outeiro, Os Picos, A Pontella, Portoscarros, Vilaldar
Comarca de Lugo
A comarca de Lugo é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Lugo.
A esta comarca pertencen os concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade.
MAPA
Fuente: Castillos net.
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901