miércoles, 10 de noviembre de 2021

CASA TORRE DE CUMBRAOS - CUMBRAOS DE ABAIXO - MONTERROSO

 PAZO TORRE DE CUMBRAOS

CUMBRAOS DE ABAIXO

CUMBRAOS

MONTERROSO

 Descrición
     Propiedade privada non visitable. Sen perxuizo do cumprimento de apertura e visita atendendo a súa declaración legal, actual ou futura.

     Nun declive do terreo, dominando ao núcleo rural. Edificación illada ao lado da igrexa parroquial. 

     Torre de planta rectangular, cuberta de catro augas, construída con pedra granítica en fileiras regulares.

      Acceso mediante escalinata de cantería de dous tramos. Balaústre macizo. Porta en arco de medio punto con doelas.

     O corpo da casa fai escuadra coa torre, con solaina na fachada lateral esquerda.

Acceso
    Partindo do Concello de Monterroso seguir a Avenida de Lugo dirección Lugo, continuar cara a esquerda pola Avenida do Marco ata saír do núcleo. Continuar pola LU-P-3301 2 km, ata chegar a Cumbraos. Tomar desvío cara Casas do Monte e a poucos metros, ao lado da igrexa atópase o destino.


Cumbraos
     San Martiño de Cumbraos é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 41 habitantes, deles 22 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón un aumento de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Toponimia
     O topónimo Cumbraos ten orixe no asentamento poboacional nos séculos IX e X de grupos de xente chegados desde Coímbra.

Patrimonio
     A igrexa de San Martiño de Cumbraos foi construída orixinalmente en estilo románico. Destacan o seu arco triunfal, a portada de medio punto e varios canzorros con decoracións variadas.

     A igrexa forma un conxunto arquitectónico coa casa-torre de Cumbraos construída entre os séculos XV e XVI por mandato de Álvaro Gaioso e Osorio. É unha torre de planta rectangular con dous corpos e soto e cuberta a catro augas.

Lugares de Cumbraos
     Casas de Núñez, Casas do Monte, Cumbraos de Abaixo

Comarca da Ulloa
      A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. 

     A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. 

 
     No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres. 

     O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca. 


MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901