CAPELA DE LOUREDO
SAN XOÁN DE LOUREDO
CORTEGADA
Louredo
San Xoán de Louredo, (do latín lauretum, de laurum máis o sufixo abundancia etum, 'lugar onde hai loureiro'; fitotopónimo) é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense, na comarca do Ribeiro, a 345 metros sobor o nivel do mar.
No ano 2007 tiña 123 habitantes, dos cales 60 eran homes e 63 eran mulleres, cunha maioría deles con idades superiores a 50 anos (pirámide poboacional invertida). En 2011 tiña 121 habitantes.
Patrimonio
Pazo de Louredo: Construción civil nobiliaria dun só andel de planta escadrada, cun patio pechado por unha porta principal de arco de medio punto, no cal as xambas exteriores están enfeitadas con cadanseu escudo da familia dos Puga e unha cruz patada sobre peana sobre o lintel decorado este cunha moldura.
Igrexa parroquial: de 1906 construída por Daniel Vázquez Gulías. No seu interior atópase unha talla de Xesuscristo con brazos móbiles e unha talla románica da Virxe en pedra.
Cruceiro do Pireiro: Cruceiro de pedra con escena da crucifixión, coa figura da Virxe e san Xoán a seus pés, moi deteriorado e solto en partes no muro dunha viña, anteriormente atopábase no cruzamento da Alfarrapa coa Telleirta (Soutelo) ata que foi destruído parcialmente nun contronazo cuns bois dun carro, as pezas permaneceron caídas no chan varios anos ata que o dono da viña do Pireiro as rescatou a colocou na súa situación actual.
Peto de ánimas: Altar de camiño, hoxe no lugar de Louredo (anteriormente na praza do Cazapedo xunto a un cruceiro do XVIII, contén un relevo en pedra dos condenados nas chamas e sobre eles a Virxe un anxo e un frade franciscano. Anteriormente tiña dous pináculos barrocos na parte superior.
Capela de Louredo: Capela de arredores do s. XVI-XVIII, de planta rectangular cunha soa nave e tellado a dúas augas, na fachada topábase un minicampanario (hoxe apartado na parte de atrás da capela), ten unha soa porta con dúas fiestras a ambos lados e unha moldura que percorre os flancos, dentro no altar hai un oco en forma de medio arco iluminado por dúas fiestras abucinadas a ambos lados, no chan aínda se atopan as lousas antigas de sepultura cos buratos no medio, os vellos do lugar aínda lembran quen foi o último en soterrarse alí.
Lugares de Louredo
Louredo
Comarca do Ribeiro
A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.
A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.
Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.
Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901