IGREXA DE SAN PEDRO DE VILANOVA
VILANOVA
MONTERROSO
Vilanova
San Pedro de Vilanova é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo.
No ano 2007 tiña 39 habitantes, deles 19 eran homes e 20 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Lugares de Vilanova
Vilanova
Monterroso
Monterroso é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Ulloa. Segundo o INE en 2019 tiña 3.616 habitantes (1812 homes e 1804 mulleres). O seu xentilicio é monterrosina/monterrosino.
Historia
A denominación Monterroso non aparece ata mediados do século XII cando era o nome dun monte, e pasou a denominar a un asentamento humano. O documento máis antigo relacionado coa comarca é de 572 e refírese á confirmación da división da diocese lucense en doce condados. O territorio de Monterroso abranguía a comarca da Ulloa e pasaría os seus límites ata á Terra de Melide e cara ao Miño.
No século XII, dentro do conflito entre Pedro Froilaz e o matrimonio real de Urraca de León e Afonso o Batallador, entrando este en Galicia e asediando ao Conde de Traba no castelo de Monterroso (o que hoxe é a torre de Penas) conseguindo vencer a seus rivais, pero poñéndose a mal o Batallador coa súa muller ao asasinar a un nobre amigo de Urraca que se refuxiara baixo seu manto.
A finais de 1920 comezou a editarse en Monterroso o periódico El Eco del Ulla, Órgano del Sindicato Católico Agrario de Monterroso.
Parroquias de Monterroso
Arada (Santa María) | Bidouredo (Santiago), O Bispo (Santa María), Cumbraos (San Martiño), Esporiz (San Miguel), Fente (San Martiño), Os Ferreiros (San Cibrao), Frameán (San Pedro), Fufín (San Martiño) | Lavandelo (Santiago), Leborei (Santa María), Ligonde (Santiago), Lodoso (San Xoán), Marzán (Santa María), Milleirós (San Pedro), Novelúa (San Cristovo), Pedraza (Santa María), Penas (San Miguel), Pol (San Cibrao), Salgueiros (Santa María), San Breixo (San Salvador), Satrexas (Santa Eufemia), Sirgal (Santo André), Sucastro (Santa Mariña), Tarrío (Santa María), Valboa (San Salvador), Vilanova (San Pedro), Viloíde (San Cristovo)
Comarca da Ulloa
A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso.
A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.
No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres.
O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901