IGREXA DE SAN MARTIÑO
CUMBRAOS
MONTERROSO
Cumbraos
San Martiño de Cumbraos é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo.
No ano 2007 tiña 41 habitantes, deles 22 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón un aumento de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Toponimia
O topónimo Cumbraos ten orixe no asentamento poboacional nos séculos IX e X de grupos de xente chegados desde Coímbra.
Patrimonio
A igrexa de San Martiño de Cumbraos foi construída orixinalmente en estilo románico. Destacan o seu arco triunfal, a portada de medio punto e varios canzorros con decoracións variadas.
A igrexa forma un conxunto arquitectónico coa casa-torre de Cumbraos construída entre os séculos XV e XVI por mandato de Álvaro Gaioso e Osorio. É unha torre de planta rectangular con dous corpos e soto e cuberta a catro augas.
Lugares de Cumbraos
Casas de Núñez, Casas do Monte, Cumbraos de Abaixo
Monterroso
Monterroso é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Ulloa. Segundo o INE en 2019 tiña 3.616 habitantes (1812 homes e 1804 mulleres). O seu xentilicio é monterrosina/monterrosino.
Historia
A denominación Monterroso non aparece ata mediados do século XII cando era o nome dun monte, e pasou a denominar a un asentamento humano. O documento máis antigo relacionado coa comarca é de 572 e refírese á confirmación da división da diocese lucense en doce condados. O territorio de Monterroso abranguía a comarca da Ulloa e pasaría os seus límites ata á Terra de Melide e cara ao Miño.
No século XII, dentro do conflito entre Pedro Froilaz e o matrimonio real de Urraca de León e Afonso o Batallador, entrando este en Galicia e asediando ao Conde de Traba no castelo de Monterroso (o que hoxe é a torre de Penas) conseguindo vencer a seus rivais, pero poñéndose a mal o Batallador coa súa muller ao asasinar a un nobre amigo de Urraca que se refuxiara baixo seu manto.
A finais de 1920 comezou a editarse en Monterroso o periódico El Eco del Ulla, Órgano del Sindicato Católico Agrario de Monterroso.
Parroquias de Monterroso
Arada (Santa María), Bidouredo (Santiago), O Bispo (Santa María), Cumbraos (San Martiño), Esporiz (San Miguel), Fente (San Martiño), Os Ferreiros (San Cibrao), Frameán (San Pedro), Fufín (San Martiño) | Lavandelo (Santiago), Leborei (Santa María), Ligonde (Santiago), Lodoso (San Xoán), Marzán (Santa María), Milleirós (San Pedro), Novelúa (San Cristovo), Pedraza (Santa María), Penas (San Miguel), Pol (San Cibrao), Salgueiros (Santa María), San Breixo (San Salvador), Satrexas (Santa Eufemia), Sirgal (Santo André), Sucastro (Santa Mariña), Tarrío (Santa María), Valboa (San Salvador), Vilanova (San Pedro), Viloíde (San Cristovo)
Comarca da Ulloa
A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso.
A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.
No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres.
O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901