RUINAS DA CAPELA DE SAN CLEMENTE
A IGREXA
BRIÓN

A capela atópase á beira dun antigo camiño empedrado que ía desde a aldea de Quintáns a Igrexa de San Fins.
É de planta rectangular e ten unha gran arcada no lugar onde se supón que estaría a porta.
Ten ao seu carón unha fonte cunha pequena imaxe do santo, moi deteriorado e da que só queda da orixinal a parte de abaixo, e o resto está rematado en cemento.
Está protexido por unha reixa de ferro.
A capela está en ruína total e enriba dos muros que quedan en pé nacen eucaliptos e carballos que están rebentando as pedras e esborrallándo os seus lenzos. Ten ao seu redor unha gran selva de fentos e de bosque moi mesto e o lugar é moi abondoso en auga.
No monte do Rubial nun lugar alto e bonito o pé dun regueiro existía unha capela onde había un santo, San Clemente. Moi próximo, a un lado, está o Coto dos Mozos ea outro o Coto Luceso.
Conta a lenda que cando chegaban os meses de seca e as xentes do campo cando necesitaban auga ían a capela e xiraban ao santo cara ao sur de forma que empezara a chover, cando ía moi mal tempo a xente xiraba ao santo cara ao norte para que o tempo cambiase para mellor.
Co paso do tempo a capela desapareceu, arruinouse, pero o santo aguantou uns anos máis ata que o roubaron, a lenda di que foron os do Museo do Pobo Galego.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuentes: Patrimonio Galego
IES de Brión
XOAN ARCO DA VELLA
Hola, a lenda refirese a capela de Santa Cecia, na Rubial, San Xulián de Bastavales.O artigo refirese a San Clemente, en San Fins de Brion
ResponderEliminar