MUIÑOS EN BARBEITA
RÍO MOURO
MONÇAO
Barbeita é unha freguesia portuguesa do concelho de Monção, no distrito de Viana do Castelo, con 7,53 km² de superficie e 1016 habitantes (2011).
A súa densidade de poboación é de 134,9 hab/km².
Situada no extremo norte do concelho de Monção e limítrofe con España, da que a separa o río Miño, Barbeita aparece documentada desde o século X, cando pertencía ao termo da desaparecida vila de Penha dá Rainha.
No patrimonio histórico-artístico desta freguesia destaca a igrexa parroquial, construída en estilo barroco a finais do século XVII, con retablos de granito no seu interior.
Así mesmo, son de mencionar as capelas de Santiago, con elegante pórtico do século XVI, e de N.ª Sra. da Asunción, do último cuarto do s. XVI.2
Monção é unha vila raiana portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2 600 habitantes.
Xeografía
Monção é a sede dun municipio que ten unha superficie de 211,51 km², e unha poboación, no ano 2001, de 19 957 habitantes.
Limita ao norte con Galiza (Salvaterra de Miño), ao leste co municipio de Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.
O concello está subdividido en 33 freguesías:
Abedim
Anhões
Badim
Barbeita
Barroças e Taias
Bela
Cambeses
Ceivães
Cortes
Lapela
Lara
Longos Vales
Lordelo
Luzio
Mazedo
Merufe
Messegães
Monção
Moreira
Parada
Pias
Pinheiros
Podame
Portela
Riba de Mouro
Sá
Sago
Segude
Tangil
Troporiz
Troviscoso
Trute
Valadares
Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261.
Iso é o motivo polo cal, aínda hoxe, aparece no escudo de armas desta vila unha muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901