martes, 4 de agosto de 2020

CRUZ DO SEIXO - MONTE DO SEIXO - A LAMA

CRUZ DO SEIXO
MONTE DO SEIXO
A LAMA



Alto da Cruz do Seixo
      O Mirador Alto da Cruz do Seixo está en A Lama. Este miradoiro ofrece unha boa vista da comarca de O Carballiño e parte desta Serra do Cando. 



     Un dos lugares máis salientables é a presenza próxima do monumento megalítico coñecido como Portalén ou Porta do Alén, que se traduce como "porta do máis alá" e ao seu carón, o impoñente Marco do Vento cos seus seis metros de altura.


Monte do Seixo
     O Monte Seixo, dacabalo entre A Lama e Cerdedo Cotobade, é particularmente rico en formacións xeolóxicas creadas polo xeo, a auga e vento. 



     Nestas rochas a erosión vai creando alvéolos nas zonas periféricas, dando formas redondeadas ou caprichosas as rochas.


     Hai casos como o de O Portalén, preto da Capela de Santa Mariña do Seixo, onde este fenómeno presenta insólitos puntos de apoio entre penedos, e mesmo que as pedras de avalar serve coma lugar de rito.



     A parte este de Cotobade esta ocupada pola Serra do Cando, que se extende entre os rios Vergugo e Lérez ata chegar a Beariz, en Ourense. 



     Estes espazos de brañas, carqueixas e breixos, onde se chegan a superar os 900 metros, forman parte da Red Natura como lugar de interés comunitario e dan acubillo a diversas formacións rochosas de formas sorprendentes, que son orixe de lendas e contos.


     En O Portalén, segundo a lenda, os que quixeran falar cós defuntos terían antes que atravesar a “portalén“de norte a sur, e despois gardar silencio, baixo pena de perder voz ou sáude. Só entón podería ter contacto co máis alá.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901