domingo, 16 de agosto de 2020

FERVENZA DE POZO NEGRO - RÍO CHAVIELOS - ONS - BRIÓN

FERVENZA DE POZO NEGRO
RÍO CHAVIELOS
ONS
BRIÓN


Fervenza de Pozo Negro
     A fervenza do Pozo Negro está no río Chavielos, cerca da súa desembocadura no río Tambre e rodeado dunha gran carballeira.


     Ten uns 6 metros de altura na caída entre rochas e orixina unha poza na canle do regueiro, que logo desafoga en pendente.


Ons
     Santa María de Ons é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Brión.

 

     Segundo o IGE en 2018 tiña 210 habitantes (113 mulleres e 97 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución continuada en relación aos anos 2004, cando tiña 308 habitantes, e 1999, con 348.



Historia
     Por esta parroquia debeu pasar a vía romana denominada no itinerario de Antonino per loca maritima de Bracara a Brigantium (actual A Coruña). 



     Segundo a tradición xacobea aquí ocorreu un dos primeiros milagres do Apóstolo Santiago, cando ao fuxir os seus discípulos Teodoro e Atanasio de Regulo, que os perseguía co seu exército, fixo que a ponte sobre o río Tambre se derrubara, morrendo todos os soldados. Parece ser que esta ponte era a Ponte Pías de Ons.


Lugares de Ons
     Fonte Paredes, A Igrexa, Ons, Pazos, Salaño Grande, Salaño Pequeno



Parroquias de Brión    
     Os Ánxeles (Santa María), Bastavales (San Xulián), Boullón (San Miguel), Brión (San Fins), Cornanda (Santa María), Luaña (San Xulián), Ons (Santa María), San Salvador de Bastavales (San Salvador), Viceso (Santa María) 


VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuente: Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901