sábado, 22 de agosto de 2020

ANTIGUA SALAZÓN DE PUNTA ALADA - O HÍO - CANGAS - RÍA DE ALDAN

RUINAS DA SALAZÓN DE ALADA
PUNTA ALADA
O HÍO
CANGAS
RÍA DE ALDAN


O Hío
      Santo André do Hío é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cangas. 



     Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 2.938 habitantes (1.478 homes e 1.460 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.885 habitantes.


Xeografía
     A parroquia está situada ao oeste do concello. Varias das súas praias adoitan ter Bandeira Azul. Está cruzado por dous regatos. O rego de Donón nace en Donón, o seu leito e do Hío ata O Facho e desemboca en Barra. Ten a vertente na ría de Vigo cunha lonxitude de 2.025 m e remata en estuario. O Lagares nace en Vilanova e desemboca na praia de Areabrava. Ten a vertente na ría de Aldán, o seu réxime e regular cunha lonxitude de 2.100 m e acaba en estuario.



Historia
      O Hío comezou a estar habitado na Idade de Ferro, cando se poboou o Facho de Donón, onde logo se levantou o santuario galaico ao deus Berobreo. Na Idade Media pertenceu ao couto feudal da Casa de Soutomaior.



      Desde 1821, momento en que se constituíron os actuais municipios, ata 1862 pertenceu a Bueu, de igual xeito que a veciña freguesía de Aldán.


      No ano 1929 os emigrantes do Hío en Buenos Aires enviaron cartos para construír unha casa e traer un médico para a parroquia.


Patrimonio
     O cruceiro do Hío é obra de Xosé Cerviño, canteiro de Augasantas (Cerdedo-Cotobade). Foi feito en 1872, e está situado fronte ao adro e forma parte dun conxunto artístico-relixioso composto pola igrexa románica de Santo André de Hío e mais a casa reitoral.



     É da gran valor cultural un santuario galaico-romano na aldea de Donón, situado na Costa da Vela, concretamente no Monte do Facho.


Festas
      Son afamados os seus festexos populares do entroido. Coñecido popularmente como Carnaval do Hío, é unha festa popular que se celebra 40 días antes da Semana Santa, na cal se vai de aldea en aldea bailando e cantando e bebendo viño tinto. Este evento dura 3 días que sempre coinciden en domingo, luns e martes.



     Cada unha das sete aldeas do Hío contrata un cuarteto de gaiteiros, que son recibidos o domingo á tarde (con festa ata a madrugada na súa aldea). Durante luns e martes, todas as aldeas van visitando xuntas cada un dos núcleos de poboación: o luns van todos a Vilariño, O Igrexario, Pinténs e Vilanova; e o martes vaise a Liméns, Nerga e Donón. En cada aldea hai un rito de irmandamento, un breve concerto de cada cuarteto (co conseguinte prestixio ou desprestixio para as aldeas, segundo a calidade dos músicos e das súas pezas) e unha saída na que os membros da aldea anfitrioa fan un corro aos visitantes.


    Cada noite, en cada aldea da parroquia, organízase un "baile" que dura ata que a xente aguante. Este baile é nun baixo calquera, que adoita cambiar cada ano.


Ría de Aldán
     A Ría de Aldán é unha enseada galega que forma parte do conxunto das rías Baixas.



Contexto xeográfico
     Ten forma triangular. Sitúase no extremo da península do Morrazo, coa súa boca ao final da ría de Pontevedra. O río que desemboca ao comezo da enseada é o Orxas.



Poboacións
     Tres parroquias dan ás súas costas: O Hío e Aldán (pertencentes ao concello de Cangas), e Beluso (pertencente ao concello de Bueu). Posúe un porto pesqueiro, o de Aldán, e un deportivo, no Hío.



Praias
    Posúe numerosas praias, varias con Bandeira Azul. Nas costas de Aldán atópanse as praias de San Cibrán, Areacova, Francón, Menduíña e Lagoelas. En Beluso atópanse Area de Bon, Lagos e Ancoradoura. No Hío destacan Vilariño, Castiñeiras e Areabrava. As praias que conseguiron en polo menos unha ocasión a denominación de bandeira azul son Menduíña, Areabrava e Vilariño.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901