lunes, 3 de agosto de 2020

PÍA DE POULO - COTO DO DOMO - POULO - GOMESENDE

PÍA DE POULO
COTO DO DOMO
POULO
GOMESENDE


     Pía escavada na pedra e coñecida popularmente como “tumba celta “, dado o seu parecido con sartegos suevos ou altomedievais, que gardan certa semellanza con este tipo de construcións feitas na rocha. 


     A pía presenta unha canle no lado dereito relacionado como noutras existentes en lugares de Galicia, con rituais relixiosos, de carácter máxico ou de ofrenda a forzas da natureza. 


     Nos bordes da pía pódese apreciar un rebaixe correspondente con marcas relacionadas coas cerimonias para o que eran usadas. 


     Non se descarta que a través dos tempos estás pías acolleran diferentes usos como aprovisionamento de auga ou de tipo relixioso curativo en rituais xa cristianizados


     Conta a lenda que aquí estaba enterrada unha princesa/moura.



        Nas proximidades existe un lugar do que se extraeron pedras para contruir un muíño no pobo de Cerdal. 



     Dese monte comezaron a saír pedras labradas, marcos de portas, incluso algún recipiente de cerámica. 


     A dona do terreo decidiu prohibir a extracción de pedras por medo a atopar a “trabe de alquitrán” lenda moi extendida na zona…

VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901