lunes, 10 de agosto de 2020

IGREXA DE SANTIAGO DE ERMELO - ERMELO - BUEU

IGREXA DE SANTIAGO DE ERMELO
ERMELO
BUEU


Ermelo
     Santiago de Ermelo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Bueu. 



     Segundo o IGE en 2013 tiña 73 habitantes (36 mulleres e 37 homes) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 92 habitantes.


Patrimonio
     Na parroquia atopábase o mosteiro de Santiago de Ermelo. Na igrexa parroquial consérvase unha lápida cunha inscrición, na actualidade partida en dúas pezas, colocadas sobre repisas metálicas aos lados da capela maior. 



     O texto da inscrición menciona a reedificación do templo en 1104.


     O texto foi estudado por Miguel Romaní Martínez (da USC), Pablo Otero Piñeyro Maseda e Ángeles Alvariño (do Instituto Padre Sarmiento do CSIC), e é unha das tres únicas inscricións en pedra referentes ao arcebispo de Compostela Diego Xelmírez, xunto cunha en Padrón, datada en 1133 (que non o cita explicitamente) e outra en Alba (Pontevedra), onde se le: «...Didacus Compostellanus Eps...» («Diego, bispo compostelán...»), malia que está moi gastada.


     O pai Sarmiento xa se refire á lápida en 1745, xa daquela en dúas pedras separadas, pero non estudada a fondo por falta de tempo e as dificultadas á hora de examinala.


     O texto, segundo os investigadores, podería ser traducido como: «Téñase por seguro que esta igrexa de Santiago Apóstolo foi restaurada na súa totalidade, tal e como agora está, en tempos dos abades Fernando e Arias Savariz. Reinando en Toledo o Emperador Afonso, [sendo] Raimundo [de Borgoña, conde] en terras de Galicia; [sendo] bispo [de Compostela] Diego Segundo [Xelmírez]. Era 1142 [ano 1104]. [O Mestre] Fernando edificou [esta igrexa]».


     Pola feitura da inscrición, os investigadores apuntan a que sería un monxe coñecedor da documentación da súa época, escrita en caracteres visigóticos.


Lugares de Ermelo
     Ermelo



Parroquias de Bueu   
     Beluso (Santa María), Bueu (San Martiño), Bueu (San Martiño de Fóra), Cela (Santa María), Ermelo (Santiago), A Illa de Ons (San Xoaquín)


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901