lunes, 3 de agosto de 2020

MIRADOR E CASETA FORESTAL DO OUTEIRO DO COTO - MONTE DO SEIXO - FORCAREI

 MIRADOR E CASETA
DO OUTEIRO DO COTO
MONTE DO SEIXO
FORCAREI


Mirador e caseta forestal do Outeiro do Coto 
     O Mirador do Outeiro do Coto está situado en Forcarei preto do Monte Seixo. 


     Xunto ao miradoiro hai unha pequena casa de tipo abrigo situada nesta altura duns 1000 metros de altura.


     É o punto máis alto da Serra do Cando e ofrece unha vista impresionante sobre oeste e o norte das rexións veciñas.


Monte do Seixo
     O Monte Seixo, dacabalo entre A Lama e Cerdedo Cotobade, é particularmente rico en formacións xeolóxicas creadas polo xeo, a auga e vento. 



     Nestas rochas a erosión vai creando alvéolos nas zonas periféricas, dando formas redondeadas ou caprichosas as rochas.


     Hai casos como o de O Portalén, preto da Capela de Santa Mariña do Seixo, onde este fenómeno presenta insólitos puntos de apoio entre penedos, e mesmo que as pedras de avalar serve coma lugar de rito.



     A parte este de Cotobade esta ocupada pola Serra do Cando, que se extende entre os rios Vergugo e Lérez ata chegar a Beariz, en Ourense. 



     Estes espazos de brañas, carqueixas e breixos, onde se chegan a superar os 900 metros, forman parte da Red Natura como lugar de interés comunitario e dan acubillo a diversas formacións rochosas de formas sorprendentes, que son orixe de lendas e contos.


     En O Portalén, segundo a lenda, os que quixeran falar cós defuntos terían antes que atravesar a “portalén“de norte a sur, e despoís gardar silencio, baixo pena de perder voz ou sáude. Só entón podería ter contacto co máis alá.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901