miércoles, 19 de agosto de 2020

CAPELA DA CONCEPCIÓN - MOS -MORAÑA

 CAPELA DA CONCEPCIÓN
MOS
MORAÑA


Moraña
     Moraña é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. 



     Segundo o IGE no 2014 tiña 4.362 habitantes. 


     O seu xentilicio é «morañés».


Xeografía
     Ten unha superficie de 41 km², repartidos entre 9 parroquias. 



     Atópase situado na zona intermedia entre a chaira litoral e as terras altas da provincia.


Patrimonio
     Entre o seu patrimonio destaca a Lapa de Gargantáns, elemento central do escudo municipal. Trátase dun menhir situado na parroquia de Gargantáns e datado no Neolítico, de 192 cm de altura e 50 de diámetro, con forma cónica e base cadrada. 



     Na súa superficie aparecen unha vintena de cazoletas gravadas, xunto a varias marcas en forma de ángulo e dúas liñas serpenteantes. É o motivo principal do escudo do concello de Moraña.


Moraña na cultura popular galega

     En Moraña cren que cando a agonía se prolonga moito é porque o moribundo ten unha débeda pendente con alguén. Sábese porque cando chega esta persoa ó seu carón prodúcese a morte ó pouco tempo, o que se explica como se estivese esperando por el para que o perdoase antes de morrer.



Parroquias de Moraña    
     Amil (San Mamede), Cosoirado (Santa María), Gargantáns (San Martiño, Lamas (Santa Cruz), Laxe (San Martiño), Rebón (San Pedro), Saiáns (San Salvador), San Lourenzo de Moraña (San Lourenzo), Santa Xusta de Moraña (Santa Xusta)



Comarca de Caldas

     A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 



     Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga. 

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

PETRÓGLIFO DE A COUTADA - A COUTADA - AGUASANTAS - CERDEDO COTOBADE

 PETRÓGLIFO DE A COUTADA
A COUTADA
AGUASANTAS
CERDEDO COTOBADE


A Coutada
     A Coutada é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.



     Segundo o IGE do 2007 tiña 15 habitantes (5 homes e 10 mulleres), 5 menos ca en 2007.


     O topónimo fai referencia á un terreo de monte valado.


Aguasantas
     Santa María de Aguasantas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. 


 
     Segundo o IGE no 2010 tiña 326 habitantes (130 homes e 196 mulleres), 26 menos ca en 2007. 


     Dos 28 lugares da parroquia, 15 están habitados.


Patrimonio
     A parroquia católica pertence ó arciprestado de Cotobade, da arquidiocese de Santiago de Compostela. A igrexa parroquial é punto de romaría, con culto á Nosa Señora. Posiblemente o primeiro templo fose románico. No século XVI comezouse un novo edificio, rematado no XVII. Antigamente celebrábase unha romaría o 8 de setembro.


     Conta a tradición, recollida polo padre Solla, que na Idade Media a única igrexa da zona era a da parroquia de Caroi. Un domingo unha cega do lugar das Boliñas ía a misa acompañada dun familiar, e ó pasar a carón dunha fonte, ó pé da casa, lavouse. Ó pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tralo milagre, impulsada por un presentimento, atopou unha imaxe da Virxe entre a maleza. Logo de correrse a voz, os frades do mosteiro de Tenorio promoveron a construción dun novo templo, comprometéndose a ir dar a misa.


     Nesta parroquia, no lugar da Pena, naceu o escultor Xosé Cerviño García (1843-1922, autor do cruceiro do Hío) e mais o pai franciscano Andrés Solla García.



Lugares de Aguasantas
      Agualta, O Barazal, As Boliñas, Calvelle, O Campo, O Campodanta, A Casa Grande, O Casal, O Castro, Ceraxe, O Coto, A Coutada, A Coviña, O Cristil, Famelga, O Fental, A Godela, O Igrexario, Martín, A Pena, Penelas, Peroselo, A Portela, Portomarín, O Regueiro, Sucastro, Trasdonabal, O Trebello



Parroquias de Cerdedo-Cotobade
     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María), San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María), Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)

VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTA MARÍA DE LEROÑO - LEROÑO - ROIS

IGREXA DE SANTA MARÍA DE LEROÑO
 LEROÑO
ROIS


Santa María de  Leroño
     Nunha atalaia,  encaxonada entre casas veciñais e unha estrada que atravesa a parroquia de  Leroño, atópase a pequena igrexa de Santa María, a que logrou conservar máis trazos do seu orixinal estilo  románico de todas as igrexas do municipio de Rois.


      Rodeando o pequeno templo e achéguese ata a súa cara oriental, que actúa como un miradoiro sobre a campiña de Rois. 


     A igrexa parroquial de Santa María de  Leroño foi construída na segunda metade do século  XII e as múltiples reformas que sufriu, a través dos séculos, han  distorsionado moito o seu aspecto orixinal. 


     O que máis destaca do seu exterior son os múltiples  canecillos (cabeza da viga que asoma ao exterior), ata 21, en torno ao beirado do tellado. 


     No seu interior consérvase un arco de medio punto, sostido por pequenas columnas de capiteis decorados con motivos vexetais. 


     As xanelas que ven son as orixinais do século  XII, así como unha porta lateral.


Leroño
     Santa María de Leroño é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. 



     Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 188 habitantes (81 homes e 107 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes.


Lugares de Leroño
     A Casa do Vento, Choucel, Covas, A Eirexa, Leroño, Liñares, Souto, Vilar de Castro



Comarca do Sar
     A comarca do Sar é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Padrón. 



     A esta comarca pertencen os concellos de Dodro, Padrón e Rois. 

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

martes, 18 de agosto de 2020

MUIÑO DA GRIFA - A GRIFA - RÍO XESTA - A LAMA

 MUIÑO DA GRIFA
A GRIFA
RÍO XESTA
A LAMA


A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.



     Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. 


     
O seu xentilicio  é lamense.


Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.



Comunicacións
     A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.



Demografía
     A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo.



     De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).



     A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.


Historia
     Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce.



     Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.


     Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.



     Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.


     A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.


Turismo
     A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".
     É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.
     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.



 Parroquias da Lama
      Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo), Xesta (San Bartolomeu)


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA