O CALDO DE PEDRIÑAS
CONTO
CONTO
Un cazador andou todo o día no monte, chegando a noite, decatouse de
que estaba perdido e morto de fame. Xa pensaba non topar onde se
acubillar cando viu unha casoupa lonxe. Petou na porta e saíu unha vella
á que o home lle pediu posada.
-¡Ai, señor! -dixo a vella-. Sómoslle moi pobriños e non lle podemos dar do que non temos.
-Pero, ¿casa cuberte si que poderán darma?
-¡Pase, daquela, inda que lle somos soíños!
A carón da lareira quentábase un velliño e díxolle a muller:
-Este home quería comer algunha cousa e xa lle dixen que non tiñamos que somos moi pobriños.
-Pagaría o que fose -retrucou o cazador.
-Non lle temos, señor, non lle temos cousa -atallou a vella.
Calou o cazador e saíu para a eira e, ao pouco, entrou de novo con unha presa de pedriñas grandes coma noces e dixo:
-Agua si terán....
-Canta quixen -respodeulla a patronciña.
Daquela foise o cazador, pillou unha canada de auga e púxose a lavicar
nas pedriñas coma quen fai un labor de moito coidado e, ao que rematou,
engadeu:
-¿E logo, non terán por aí un cazoliño?
A vella foi pillar un e deullo. El encheuno de auga, botoulle as pedriñas dentro, e achegouno o lume.
-¿E daquela? -preguntou a vella.
-¿E non terán unha migalliña de unto, mais que sexa como unha castaña?
Apareceu o cacho de unto ben máis grande cá castaña inda con non ser moita cousa, e foille facer compaña ás pedriñas.
-Se agora tivera dúas pataquiñas e unhas verzas....
O vello foinas procurar no hortelo e veu logo con elas. O cazador
pillou unha media garfela e, revolvendo as pedriñas da súa ola, pediu
unhas areíñas de sal e unha presiña de fabas. Despois pediu unha fabriña
de cocho
.
.
O caldo arrecenía que era unha gloria e, cando estivo cocido, pediu que
lle desen un caroliño de boroa. Déronllo e daquela, foise, sacou o
caldo nunha cunca, e esfrangullou nela a boroa e púxose como un bazunco
e, cando rematou, preguntáronlle os vellos:
-¡E logo, señor! ¿As pedriñas?
-Gárdenas para outra vez -respondeulles o cazador.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901