sábado, 6 de octubre de 2012

UNHA VARA DE PANO, SETE MONTEIRAS


UNHA VARA DE PANO, SETE MONTEIRAS 
CONTO


     
      Foi unha vez un paisano onda un sastre e levoulle unha vara de pano para que lle fixera unha monteira, e preguntoulle se chegaría o pano.

     -Chega, señor, chega -respondeu o xastre-, chega e aínda sobre.

     -Pois logo, se sobra moito, ¿mon podería quitar para lle facer outra para o meu fillo?

     -Podo, señor, podo, ¡aínda que sexan dúas!

     -Pois, se chega para outras dúas amais da miña, pódemas facer.....¡Lástima non saíran catro!

     -Non, se vostede quere, saír, saen.

     -¡Daquela, se cadra aínda daba para cinco!

     -¡E máis daba, e para sete tamén!

     -Pois fágame logo as sete.

     Deixoulle o pano e foise

     Cando as foi buscar, o xastre amostroulle cinco monteiras pequerrechas postas unha en cada dedo da man e outras dúas noutros dous dedos da outra....

     O paisano comenzou a laiarse e tirar dos pelos, e o xastre díxolle:

     -¿Vostede non dixo se o pano daría para cinco monteiras?

     Eu díxenlle que para sete tamén, e velaqui están as sete monteiras.....Vostede non dixo como habían ser.


XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901