domingo, 7 de octubre de 2012

LENDAS DO CASTRO DE TOLDAOS

LENDAS
DO 
CASTRO DE TOLDAOS






     
     Hai unha cadea de ouro dende o castro de Toldaos ao monte de Santa Mariña e, para descubrila, ten que ser coa pata dunha ovella.

     A un labrego de Reádigos pasoulle o siguinte: traballando no castro viu como dunhas ruínas saían carbóns e, pensando que era ouro dos mouros, quixo collelos, pero fuxiron polos buratos das ruínas; o remedio para desencantalos era cuspirlle ou mexarlles enriba.

     O castro foi feito polos mouros, falando aínda os mouros de África, aos que van alí facer o servizo, das grandes riquezas que garda.

     Unha neniña que ía polo castro viu unha vella coa que repartiu as castañas da merenda. A vella entón levouna a un sitio e petou no chan, e de repente víronse nun palacio onde a vella lle deu un paquete, dicíndolle que non mirase ata chegar á sua casa. A rapaza non agardou e mirouno antes, ollando que eran carbóns; tirou con eles pero, ao chegar á casa, un pouco que lle quedara no bolso tronárase ouro.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
O Incio - Lugo
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901