O TESOURO
DO
CASTRO DE TRELLE
LENDA
DO
CASTRO DE TRELLE
LENDA
No castro de Trelle hai dúas minas, unha de ouro e outra de alcatrán. O que que atope a mina de ouro faise rico, o que atope a de alcatrán, se non morre abrasado polo seu lume, será para sempre desgraciado e levará a desgraza aos seus parentes e achegados.
Dunha vez un rapaz de Sabucedo, que andaba a gardar o gando, rañou cun
coitelo nunha peneda que hai no castro. Así que o fixo, púxose diante un
xigante moi grandísimo, con ollos de boi,que lle contou que na fonte
máis preto da cerca había acubillados unha cabra e mais un cabrito de
ouro.
O rapaz, aínda que tomou moito medo, contou no lugar o que lle pasara, e
entón foron homes que andaron a medir e viron que a tal fonte era unha
que deita nas abas no sur e cavaron alí e non se sabe se atoparon algo
ou non.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Barbadás - Ourense
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901