OS TESOUROS
DO
CASTRO DE MORGADE
LENDA
Referíndose á grandeza deste castro e á fartura de construcións análogas que existen preto del, dise:
Castro Morgadán
ten vinte e cinco a súa man.
Soio a da Magdalena
lle dá pola barbadela
Entre o castro de Morgade e o de Santa Adega hai tres trabes: unha de
ouro, outra de prata e outra de alcatrán, que está no medio das dúas. O
que lle toque a esta derradeira morre abrasado.
Antes de cavar en procura do tesouro, os veciños de Castro consultaron o parecer de varias sabias.
Non coñecemos a totalidade dos seus ditames, e só dous non foron
referidos. Todas as consultadas estiveron así e todo conformes na
existencia dun grande haber, mais discreparon nos procedementos que
habería que por en práctica para acadalo.
As dúas respostas por nós coñecidas son as seguintes:
Unha sabia de Albán, Peroxa, dixo:
No castro de Morgade hai un grande tesouro, mais non se poderá dar con
el se non se desencanta a unha moura coxa que alí vive.
E outra sabia de Torbelo, quiroga, ditaminou:
- O tesouro do castro de Morgade é unha trabe de ouro, mais non se
poderá atopar se non se desencanta primeiro unha cobra que vive nel.
Para desencantala, hai que levar un crego que bote exorcismos e despois
cavar ata atopar a cobra, en canto apareza, cómpre bicala na testa co
cal o encanto quedara rematado.
Un home chamado Calote de Casares era o encargado de andar pedindo para
a Irmandade de Virxe de Carballedo e nas súas xeiras, que facía sempre
de a cabalo, chegaba ata Portugal. Dunha vez, estando a botar unha pousa
nunha taberna de aquel país, entrou en conversa con dous señores que
lle preguntaron de onde era el.
Respondeulles que do concello de Carballedo, na provincia de Lugo, e
entón os señores dixéronlle se sabía do castro de Morgade; e como el
respondera que si, exclamaron:
-Vale máis ese castro que toda Europa, e só na entrada hai dous xigantes de ouro de nove pés de alto.
Un soldado do país estivo recentemente prisioneiro dos rifeños e voltou
contando que un deles, ao saber que era preto do casto de Morgade, lle
dixera:
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Carballedo - Lugo
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901