domingo, 7 de octubre de 2012

HABERES DE "O CASTRO" - LENDA

HABERES DE " O CASTRO"
LENDA





     
     Na Porta do Mouro hai moito haber e del sabían o meu avó e outros individuos que dunha vez o foron desencantar levando consigo un crego e mais un ciprianillo.


     Chegados ao sitio, riscaron un circo no chan cunha cruz no medio e metéronse dentro, e despois o crego fixo no aire unha cruz en cada vento e esconxurou, veu do penedo unha grande voz que dixo:


     -¿ De que forma queredes que saia ?


     Un dos presentes, que acababa de chegar do servizo, contestou:

     - Saia en forma de militar.

     E apareceu un soldado grandísimo, tan grandísimo que a cabeza pasaba por riba dos cotos máis altos.

     - ¿ Que queredes de min ? - preguntou.

     - Queremos que nos dea a súa riqueza - dixo un.

     - Se queredes diñeiro, ide por el ás casas do rei, que o que teño é meu e non volo dou.

     Á fin, e a poder de moito porfiar, convencérono de que lles dese algo, mais puxo de condición que lle habían traer un año, branco e sen lixo ningún.

     E como eles andaban a rifar sobre quen tiña que ir a aldea polo año, oíuse un trono que fixo tremer a terra, escureceuse a luz e desapareceu u xigante.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

A Fraga, Lobeira - Ourense

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901