domingo, 7 de octubre de 2012

A MOURA DE ARNOIA - LENDA

A MOURA DE ARNOIA
LENDA





     
     Nese penedo que hai no medio do río un pouco máis abaixo da primeira ponte estaba un día unha moura peiteando unha rapaza cun peite de ouro. Pasaron por alí uns segadores e a moura preguntoulles que camiño levaban. Como os segadores lle dixeran que ían para Castela, a moure díxolles:


     - Pois eu teño alá uns parentes e agradecereivos que lles levedes este regalo.


     Así o fixeron os segadores e, cando o entregaron, o que o colleu, tan pronto lle votou a man, estoupou e quedou esnaquizado. cando volveron para Galicia, á familia do que morreu déronlle os segadores unha faixa de seda para un meniño co encargo de que lla entregaran á moura de Arnoia para que lla puxese ao seu fillo; e os que a traían regálaronlle unha madeixa de seda moi pequeniña dicíndolle que aquela madeixa non se acababa nunca, e que lle encargase moito á súa muller que cando tecese teas que ningún a vise porque se non acabábase no mesmo momento. 


     Chegaron a Arnoia os segadores e entregáronlle a faixa á moura; esta colleuna e púxoa a unha cerdeira que estaba chea de cereixas, e naquel mesmo momento a cerdeira estoupou.


     O segador que traía a madeixa entregoulla á súa muller, encargándolle moito que ninguén a vise tecer. A muller púxose a vacer varas e máis varas de tea e a madeixa nunca se acababa, mais un día estando na cociña tecendo entrou a veciña, viuna e de repente acabouse a madeixa.

MAPA
Arnoia - Ourense
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901