domingo, 7 de octubre de 2012

A FONTE PORMÁS - LENDA

A FONTE PORMÁS 
LENDA






     Soubo unha muller en Castela da facilidade que había na fonte Pormás para encantár as donas, e ansiosa de afastar as fillas da súa banda, veu traelas quí deixándoas encantadas no mesmo xeito que a filla do fidalgo, soamente que a estas ninguén as ollara encantar.


     Ficaron soterradas moitos anos sin aparecer a ninguén, ata a vellez da súa nai. A velliña ollando preto a hora da mortee atopándose soa clamaba por as fillas.


     Un ano foi un mozo de Arzúa ás segas de Castela e falou da auga fresca de Pormás, onde tantas veces bebera cando facía as rozadas nas chouzas de toxos e silvas. A muller que oíu falar semellante cousa chamou ao segador e dándolle tres bolos de pan, preguntoulle que con moito segredo os fose poñer a fonte sen que ninguén fosen ollados, dicíndolle cando os pousase:

Oureíña, oureana
toma este boliño
que che manda a túa ama

     Poñendo os tres bolos, gañaria un grande tesouro que gardaban os encantos.

     O mozo chegou da sega e fechou os bolos nunha arca do pan, pero a muller ollou un pola fachadura. De mañanciña foi o segador á fonte e pousou os pans dicindo as verbas que foran encargadas. Co primeiro saíu unha moza que fuxiu correndo, do segundo saíu outra moza do mismo xeito que a primeira e do terceiro remexíanse dentro moitas cousas e oíuse unha voz de muller dicindo:

     -Temos que ser felices, pero por culpa da túa muller dobrouse o meu encanto. Leva este xustillo e ponllo á túa dona.

     O mozo agarrou a peza de roupa que lle dera o encanto e marchou camiño da casa. Antes de chegar ao lugar, parou nun souto e pendurou das ponlas dun castiñeiro o xustillo; no intre comenzou unha lumareda na árbore que abrasou todo, quedando soamente o carozo que ainda hoxe fica no sitio.

     A moza encantada ficou alí mesmo moito tempo sen saír do acougo deica un serán de treboada en que houbo moitos tronos e saíu a moza en figura de fusil, ollándoa moitos do lugar sobre as augas.

MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Arzúa - A Coruña
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901