domingo, 7 de octubre de 2012

A SEÑORA DO CASTRO DE VILAESTEVA - LENDA


A SEÑORA DO CASTRO
DE 
VILAESTEVA
LENDA





     Debaixo do castro saía ás veces unha señora e, en certa ocasión, pediulle a unha nena que pasou polo lugar que lle mirase a cabeza por se tiña piollos. A nena fixo o que lle mandaba e recibiu en pago un mandil cheo de cousas, co encargo de levalas sen velas ata chegar á casa. A curiosidade puido máis có consello e a nena, vendo que no mandil non levaba máis que carbóns, tirounos ao chan, deixando unha carga tan inútil. Ao chegar á casa, puido ver que un que lle quedara preso no mandil era unha moeda de ouro; daquela, volveu ao lugar onde deixara os outros e non atopou nada.

     Os mouros do castro saían a mercar viño a Vilaesteva e deixaban os cartos nos poios das pipas.

     No castro hai grandes tesouros; sábese isto porque cando tocan as campás de Vilaesteva resoan alí que parece un milagre.

     Un dos informantes díxonos que antes aparecián as mouras fiando e engadiu: eu non as vin, mais o meu pai aínda as viu algunhas veces. 

    Finalmente dixéronnos que no castro hai dúas trabes unha de ouro e outra alcatrán.
 

O Saviñao - Lugo
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901