No monte das Croas, en Salcedo, estaba encantada unha "dona" fermosísima, que vivía nun pazo dentro do monte, onde había un gran tesouro, tanto que a súa sona chegou a Cádiz. As señas están no cantar:
Monte das Croas, ponte do Batán, fonte de clara fría, monte de San Mariné tira con ouro as ovellas e non saben o que é.
Un neno que gardaba as ovellas viuna que se peiteaba cun peite de ouro. Chamouno e pediulle un año, o rapaz asustado, fuxiu e foillo contar ao pai; este obrigouno a volver alá e darlle o año que pedía a "dona"; mais cando volveu desaparecéralle o fato todo.
A pouco apareceu a "dona"
coas ovellas e mandou ao rapaz que fora chamar o pai. Non se sabe o que o
pai tratou coa "dona", pero o caso é que se fixo rico. Unha vez o pai
do rapaz enfermou e desahuciárono os médicos.
A súa muller tivo que saír
da casa e, cando volveu, atopou alí unha fermosa "dona", que ela non
coñecía e o home estaba moito mellor. Cando se foi a "dona", a muller
preguntou e preguntou ata que o home lle contou todo, mesmo os remedios
que lle dera a "dona"...Pero ao outro día apareceu morto co corpo todo
negro como se lle deran unha gran tunda.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901