O MESTRE MATEO
E O
PÓRTICO DA GLORIA
Dentro da incomparable obra de arte en pedra que é a catedral de Santiago, a xoia mais preciada é sen disputa o Pórtico da Gloria, recoñecido como o mais notable monumento da arte cristiá do século XII.
O Pórtico representa o cumio da escultura románica, no que esculpido na dura pedra do país aparece todo un tratado de teoloxía, segundo a idea que da eternidade tiñan as xentes do medievo.
O
autor desta maravilla foi o escultor e arquitecto Mateo, que tamén
traballara na reconstrucción da Ponte Cesures, na igrexa de Cambre e no
mosteiro de Carboeiro.
Ó pé da columna central do Pórtico, pola súa banda posterior, Mateo esculpiuse a si mesmo, axeonllado en actitude humilde, cos ollos postos no altar do Apóstolo. Esta figura é coñecida popularmente como "o santo dos croques", alcume que lle vén dos croques que na súa cabeza dan os visitantes coa testa para que se lles transmita unha chispa do xenio que tivo o inmortal mestre.
Sobre
o "Santo dos croques" hai quen conta que cando xa estaban a piques de
remata-las obras o arcebispo fíxolle unha visita ó Pórtico. O mestre
Mateo foille referindo o significado de cada figura e a quen
representaba nela.
Despois de oí-las explicacións do escultor, o arcebispo quedouse mirando para o arco central, presidido pola figura de Cristo, rodeado dos catro evanxelistas e decatouse de que alí había unha figura da que Mateo non lle dera ningunha explicación.
-¿E esa escultura a quen representa?- preguntou o arcebispo.
Mateo botou un sorriso de disculpa.
- Ese son eu - dixo-. Despois desta obra que acabo de facer, coido que son merecente de figurar representado na Gloria...
Anoxado
polo que consideraba inconcebible atrevemento do escultor, o arcebispo
reprendeu con severidade a Mateo, quen aturou a reprimenda de ollos
baixos e en silencio.
Ós poucos días o escultor chamou ó arcebispo para lle mostrar unhas modificacións que fixera na súa obra.
E o prelado viu que do tímpano central desaparecera aquela figura que tanto o alporizara. En troques aparecía unha nova escultura, axeonllada humildemente na parte traseira do Pórtico, no medio da escuridade.
Naquela estatua penitente quixo representa-lo escultor o arrepentimento pola ousadía que o levara a facerse figurar a carón de Deus Fillo, e así, a través dos séculos, o sorriso humilde de Mateo segue a prega-lo perdón pola súa disculpable arroutada de orgullo.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901