Un
día foi un home confesarse e díxolle ao abade que roubara unha vaca. O
crego díxolle que tiña que devolverlla ao dono inmediatamente, pois
senón pecaba mortalmente.
-Si, ¡pero xa a vendín! -Pois se a vendeu, ¡déalle os cartos!
-¡Os cartos gasteinos todos e non teño mais!
-Pois mire, se non lle dá os cartos ou a vaca, para o día do Xuízo aparecerán no campo de Xosafat vostedes dous e a vaca andará por alí adiante a saltos cara a vostede e embestindo
-¡Ai, señor abade! ¿E ha de aparecer a vaca tamén?
-Si
-Pois logo, xa está todo amañado: ¡collo a vaca por un corno, doulla ao dono e xa non lle debo nada!
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901