LARANXEIRA
CITRUS SINENSIS
CITRUS SINENSIS
A laranxeira (Citrus sinensis) é a árbore que dá a laranxa. Pertence ao xénero Citrus, que forma parte da familia das Rutáceas. Trátase dunha árbore de porte mediano - mais en óptimas condicións de cultivo chega até os 13 mts. de altura - , perenne, de copa grande, redonda ou piramidal, con follas ovais de entre 7 a 10 cm., de marxe enteira e frecuentemente estipuladas, e ramas en ocasións con grandes espiñas (máis de 10 cm.). As súas flores brancas, denominadas azar, nacen illadas ou en acios e son sumamente fragrantes.
Hai grande cantidade de variedades diferentes, fundamentalmente pola calidade do froito e o sabor, que varía do doce ao ácido. A especie C. aurantium produce laranxas amargas utilizadas para a elaboración dalgúns licores, marmeladas e confituras.
É orixinario da China, traído a occidente polos árabes.
FOTO: XOAN ARCO DA VELLA
Dáse en climas temperados e cálidos, e en España cultívase sobre todo na zona do Levante, onde se acostuman regar por inundación unhas tres veces ao ano. Non soporta as xeadas prolongadas por debaixo de 0°.
A este mesmo xénero pertencen o limón, a mandarina, o pomelo, a lima, o kumquat...
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901