As gabeadoras ou lianas adoitan ter talos fortes que lles permite subir e agarrarse as árbores.
Son abondosas nas beiras dos ríos galegos.
Entre estas plantas a da figura é a hedra. Estas plantas buscan a luz subindo polas árbores, ata que a consiguen. Poden botar ata 30 metros subindo polas árbores. A hedra dende logo é a máis común.
A hedra ten ata 30 metros. É trepadora.
Brotes novos e influorescencias con densos pelos estrelados. Follas de
dúas formas: as dos tallo floríferos de 6-10 x 2-12 cm. elípticas ou
redondeadas, enteiras, as dos outros talos, de ata 15 x 15 cms,
palmeadas con 3-5 lóbulos . Pétalos de 3-5 mm. , verde - amarelentos .
Froitos negros ó madurar, con 2 -3 semillas , algo tóxicos .
Vese moi frecuente sobre as árbores, nas paredes e no chan.
En castelán chámase hiedra , yedra.
En galego chámase adreira, areira, edra, heradeira, hereira, edreira, hedra, hedreira, trepadeira, planta do aire e hireira.
Os dous máis comúns son os de hedra ou areira.
A verdade é que ten moitos nomes; eso é síntome de que é moi coñecida.
Ábrense no outono e fructifican durante todo o inverno. É ó principio da primavera, cando aparecen os froitos, como boliñas negras.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901