IGREXA DE CURRAS
TOMIÑO
San Martiño de Currás é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. No ano 2005 contaba con 284 habitantes (148 homes e 136 mulleres) segundo o padrón municipal.
A parroquia sitúase á beira do río Miño. Está atravesada pola estrada PO-552 (Tui - A Guarda).
A igrexa parroquial ten orixe no século XVI, se ben o seu estilo denota a influencia portuguesa da época anterior. O retablo é de 1803, que subsituíu ao anterior, do século XVIII, cando foi trasladado á parroquia de Estás.
Na parroquia hai unhas necrópoles romanas, coñecidas co nome de Medos.
Tamén hai vestixios dunha vila, datada entre os séculos IV e VI, cun hipocausto (antigo sistema de calefaccións por tubos) de grande interese para o estudo e coñecemento da cultura romano-xermánica en Galicia.
Parte dos restos consérvanse no Museo Diocesano de Tui, e outra parte foi cuberta con area coa intención de seguir no futuro coas escavacións.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901