FINCA DO FRENDOAL
ALDÁN
CANGAS
PONTEVEDRA
ALDÁN
CANGAS
PONTEVEDRA
A Casa Torre de Aldán pertencente ós Condes de Canalejas, grandes
terratenentes da Comarca, contaba cunha das extensións máis amplas e
fermosas da Península do Morrazo.
Situada no corazón da parroquia de
Aldán, a finca contaba con estructuras arquitectónicas de gran valor
artístico e monumental, e era empregada pola familia e os seus
achegados como lugar de descanso e lecer, para practica-los seus
deportes favoritos, entre eles a caza.
Ata fai pouco, o poder disfrutar
destes paraxes, era cousa dun grupo reducido, dado que se trataba
dunha propiedade privada.
Esta condición cambiou ó pasa-la Finca do
Frendoal, popularmente coñecida como O Bosque Encantado, a disposición
do Concello de Cangas, que a recuperou e acondicionou para que poida ser
admirada por veciños e turistas.
"Xardíns Históricos"
Trátase duns xardíns que se atopaban na zona de recreo e descanso da Casa Condal, empregados ademais como bosque para a caza.
Orixinariamente unidos á finca do Pazo - Torre de Aldán, a principios do século XX, quedaron separados polo trazado da actual PO - 315.

Cabe sinalar a súa vexetación entre a que podemos atopar magníficos
exemplos de carballos, castiñeiros, bidueiros, loureiros e algunhas
especies introducidas polos condes como son as píceas, o que permite
que poidamos revivir a época no seu máximo esplendor.
"Acueducto elevado de O Frendoal"
(Ou Arco da Condesa) Situado nunha marxe da PO – 315. Pertenceu á Casa Torre de Aldán.
Trátase dunha antiga canalización de auga que ía dende
unha lonxana mina, situada na zona mais elevada do Frendoal, ata o
Pazo.
Para salvalo desnivel construíronse dous amplos arcos, un dos cales se eliminou o face -lo actual trazado da estrada que vai a Bueu, sendo o seu percorrido subterráneo.
O outro arco aínda se conserva dentro da finca, por debaixo do cal pasa o sendeiro que percorre o parque.
(Ou Arco da Condesa) Situado nunha marxe da PO – 315. Pertenceu á Casa Torre de Aldán.
Para salvalo desnivel construíronse dous amplos arcos, un dos cales se eliminou o face -lo actual trazado da estrada que vai a Bueu, sendo o seu percorrido subterráneo.
O outro arco aínda se conserva dentro da finca, por debaixo do cal pasa o sendeiro que percorre o parque.
Poderíase dicir que o actual acueducto é medieval, pero si nos
remontamos á súa orixe cabería sinalar que se sitúa na época romana,
esto está evidenciado dado que os conductos do mesmo desembocan no que
se presume eran as antigas pilas da factoría de salgazón que os románs
tiñan nos baixos da actual Torre de Aldán.
Dita actividade, requiría unha gran cantidade de auga, que sería subministrada por unhas conduccións previas ó actual acueducto.
Máis tarde, xa restaurado polo
Conde, a auga que viña das minas e que pasaba polo Arco, era utilizada
para o regadío das súas terras.
O sistema foi empregado ata os anos 70, quedando completamente obsoleto co paso de tempo.
Actualmente o acueducto non leva auga e só queda a pegada da época dourada anterior.
Dita actividade, requiría unha gran cantidade de auga, que sería subministrada por unhas conduccións previas ó actual acueducto.
O sistema foi empregado ata os anos 70, quedando completamente obsoleto co paso de tempo.
Actualmente o acueducto non leva auga e só queda a pegada da época dourada anterior.
Por outro lado, dentro deste entorno non podemos deixar de sinalar os
complementos con estructura de fábrica, que nos iremos atopando no
camiño:
Pequeno castelo con fosa e ponte levadiza. A súa construcción iniciouse nos anos sesenta como zona de descanso para os condes, pero quedou sen rematar. Na actualidade conserva a súa estructura orixinal.

Paseo bordeado de castiñeiros. Donde os veciños da vila aproveitan a visita en outono para recoller as castañas.

Campo de croquet. Situado fronte a fachada principal do castelo, foi utilizado durante os anos 60 e 70.
Paseo bordeado de castiñeiros. Donde os veciños da vila aproveitan a visita en outono para recoller as castañas.
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901