A tradición recolle dous feitos que determinaron a construcción do templo. O primeiro deles produciuse no 1582, cando Juan Pérez Mondragón, reitor da parroquia de Cruces, estivo a piques de morrer esmagado por unha árbore. Logo de librarse, en sinal de agradecemento á Virxe María, mandou esculpir unha imaxe da Virxe co neno, que foi ubicada sobre unha fonte que había no lugar, coñecida desde entón coma a Fonte Santa.
O segundo dos feitos tivo lugar no 1732, cando un salnesán que padecía hidropresía se dirixía xunto coa súa muller e a súa filla cara o Hospital de Santiago de Compostela. Ao seu paso pola Fonte Santa, bebeu a súa auga e pediulle axuda á Virxe, e ao cabo de tres días curouse da súa enfermidade. A lenda di que daquela exclamou o seu agradecemento á Virxe por curalo "da escravitude" do seu mal, de onde derivaría o nome do santuario. En sinal de gratitude, donou o carro e os bois. Ó espalalrse a nova, a fonte comenzou a atraer devotos en busca de curación, o que trouxo consigo tamén un aumento das doazóns.
Con estes aportes construíuse unha capela onde se albergou a imaxe, chamada xa A Nosa Señora da Escravitude, e co paso do tempo ampliouse ata a actual igrexa.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901