FALACHES, CORNEACHES
LENDA
En Calvos de Randin, un probe que ia unha mañán moi cedo pra feira do 12, o pasar pola casa Moura
saiulle un mouro e preguntoulle:
- E logo pra onde vai?
- Vou a feira comprar uns porquiños.
- E ten moitos cartos pra os mercar?
- Ai, señor, eu cartos téñolle pouquiños.
- Pois ven, merca dous porcos dos mellores, e depois esperame ali, ti e quen chos venda.Que despois vou eu a pagalos.
Pasou todo segun dixera e cada un quedou cun porco.
saiulle un mouro e preguntoulle:
- E logo pra onde vai?
- Vou a feira comprar uns porquiños.
- E ten moitos cartos pra os mercar?
- Ai, señor, eu cartos téñolle pouquiños.
- Pois ven, merca dous porcos dos mellores, e depois esperame ali, ti e quen chos venda.Que despois vou eu a pagalos.
Pasou todo segun dixera e cada un quedou cun porco.
Enton o mouro dixolle o home:
- Todas as mañás ben cedo traesme un neto de leite, non chames, deixao no chan neste sitio senalado, e teras un peso todos os dias, e non digas nada que estas cousas non se poden contar.
Por moito tempo o home levou o leite e colleu os cartos en segredo.
Mais a sua muller sempre andaba decindo:
- De onde che veñen os cartos?, que antes non tiñamos e agora temos moitos?, seguro que tes unha amiga que chos da.
O home dixolle:
- Non muller, ti come e bebe e a min deixame, que non che teño amiga ningunha.
Tanto a muller insistíu, que acabou por contarllo todo.
O home veu prol outro a di a mañan levar o leite, e no canto de cartos, atopou un corno cun letreiro que decia:
Falaches, Corneaches.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901