domingo, 7 de octubre de 2012

O CURA DE MEIRA - LENDA

O CURA DE MEIRA
LENDA
MEIRA - MOAÑA
 
      
     De sempre o recordo alí. Digno, discreto, descansando cun caliz nas mans.

     Recondando a quen repara nel, de que todo ten un fin.


     Facendo voar o pensamento.


     .¿Quen era ?


     Alguen sin duda respetado,amado. Ben se vé mirando mirando o amor posto na sua figura, labrada con esmero.


     Preguntei :


     Abuela , ¿quen era ?


     E esta é a sua historia , nebulosa co tempo. Tal coma ela  a contou.


   

 Era o párroco ,e foi defensor dos dereitos de agua dos veciños de Meira, do dereito e a razón frente a forza e o poder. Un antiguo pleito que os mais vellos ainda acordan. Foi amado e respetado por  eso.

     Finou decindo misa ; tal vez se lle parou o corazón,ou outra causa natural....Unha morte dramática, o pé do altar.

     Mais aquí comenzan as sombras...a duda. pola aldea estremecida , espantada , correu o rumor:

     Non , non pudo morrer asi. Ten por forza que haber outra causa ¡¡

     Non morreu, e que lle deron un puro,  e o fumou, e despois morreu axiña. De seguro estaba envenenado.

     ¿quen o sabe?

     O dolor e a rabia frente a morte , a negacion do  irreparable.. Buscando un culpable , sin querer aceptar que tal vez era algo natural.

     ¿que fin mais seguro e natural que a morte? Non hai respostas. Quedan as sombras.

     Din que nada morre mentras non é esquecido. Así , El non está morto, pois é recordado.

     E as aguas do río, siguen correndo, mais como él, calan.

     O seu misterio flota.

     E queda aquí , para sempre.

     Pero non esquecido.


 RECOLLIDO E ESCRITO POR:
   MARICARMEN OGANDO
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901