COIDADO
CONTO
CONTO
Dunha vez era un raposo que rondaba famento arredor dunha aldea por ver
se atopaba algo con que encher o bandullo. Unha mañá, namais saír fóra
un galo, botoulle o dente o bo do raposo. Dispoñíase a fincarllo cando o
galo lle dixo:
-Mire, señor raposo, estoulle fraco e non lle vale a pena comerme
agora. Logo vén o tempo das mallas e, como hai moito gran, cómese ben e
engórdase, así que, se lle é igual, agarde ata aquela que hei estar máis
gordiño.
O raposo, como vira que era certo o que lle dicía o galo, deixouno, mais preguntoulle primeiro:
-¡Está ben! ¿E como te chaman? pois necesito saber o teu nome para preguntar por ti cando volva.
-Pois chámome "Coidado"
-Moi ben -dixo o raposo-. Pois despois das mallas aquí me tes.
E saíu camiñando buscar outro sitio onde fartarse, bailando de contento o galo cando se viu libre do dente do raposo.
Pasou o tempo e, ao chegar o día que conviñeran, volveu o raposo buscar
o galo. Este, polo que puidese pasar, esperouno na cima dun castiñeiro.
-¡Coidado! ¡Ei, Coidado! -berraba desatinadamente o raposo ao chegar ao sitio onde quedaran en verse.
Xa cho teño -contestou de arriba o galo.
-Baixa, que agora veu unha lei de que non facer mal os uns aos outro
-repuxo o raposo con picardía xa, ao ver que o galo estaba tan malo de
pillar.
-Vou agora, mais tes que esperar un pouquechiño que aí vén un can e, se el pasa sen che facer nada, baixo eu tamén.
-¿E vén lonxe?
Éstá chegando.
-Daquela voume que "as leis do rei, tanto che van como che vén".
Nisto o can, que sa avistara ao raposo, pegou tras del con tanta
lixeireza que que o raposo facía lume ao fincar as patas contra o chan. O
galo, dende o seu polinco, berráballe:
-¡Amóstralle a orde! ¡Amóstralle a orde!
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901