sábado, 6 de octubre de 2012

O TÍO DAS CALZAS VERMELLAS


O TÍO DAS CALZAS VERMELLAS 
CONTO




     
     O rei dos animais, que é o león, atopouse moi malo e, como entón non había médicos, ían por alí os outros animais darlle as menciñas que eles lles sentaran ben cando estiveran doentes.


     Tamén foi o lobo. E, como tivera un disgusto coa súa comadre raposa, pensou vingarse dela dicíndolle ao león:


     -¡O mellor que lle sentaba era tomar uns caldiños de carne de raposa! ¡Habíanlle sentar moi ben! O que vostede ten é reuma, e para iso non hai nada mellor.


     A raposa, que estaba escoitando todo, agardou a que marchase o lobo e, despoisxas, entrou ela dicindo:


     -¡Ben se ve que o que vostede ten é reuma! Claro que para curala é moi bo tomar caldiños ben feitos. E inda hai quen di que os da miña carne son os mellores mais, o que pasa moitas veces cos caldos e con todas as menciñas que se toman por dentro é que derraman o estomago. Eu, a mellor menciña da que teño sabido é a de envolverse nunha pelica de lobo acabada de sacar.



     Unha comadre miña estaba que non se podía remar para nada; tomou caldos e mais caldos pero non sandaba. Entón veu por alí un raposo que traía andadas moitas terras e aconselloulle que fixera o da pelica; ¡fixo e curou decontado!



     
     E latrica que te latrica, convenceu ao león e marchouse. Ao saír, díxolle ao lobo que entrase, que o león inda lle quería preguntar máis cousas sobre dunha menciña que lle dera.


     Entro o lobo, e de alí a un pouco, saíu de cabo a rabo. ao velo con aquel vestido tan bonito, a raposa berroulle:


-Tío das calzas vermellas,
conte as súas e deixe as alleas.


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901