A MEIGA CHUCHONA
LENDA
Entón un sábado pola noite colleron na braña, tres xuncos, cortáronos a igual tamaño e marcáronos: un era a "envexa"; outro o "angarido" (mal de ollo) e o outro a "meiga Chuchona".
¿Non che dicía eu?- dixo a nai- ¿Ves como é cousa de meiguería?.
¿E que debemos facer? ¿Quen pode ser a meiga?
Xa o saberemos. Polo momento hai que poñerlle á nena unha castaña de indias, un dente de allo e unha poliña de herba de San Xoán. E non deixala soa, de noite virá unha mosca moi grande e moi negra e pousarase no berce. Esa é meiga Chuchona que vén chuparlle o sangue á túa nena. Hai que esconxurala dicindo "¡San Silvestre, meiga fóra!" e, ao mesmo tempo, pegarlle á mosca cunha poliña de loureiro. Dálle sen dó que se a matas non se perde nada.
A muller e o seu home agardaron sen deitarse xunto ao berce ata que a media noite viron a mosca.
A muller proferiu as palabras do esconxuro e, ao mesmo tempo, o home coa póla de loureiro golpeou á mosca.
Ao día seguinte apareceu morta na súa cama unha vella de Tabeaio. Esa era a meiga Chuchona que ía chupar o sangue dos nenos
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901