XAN E A FILLA DO REI
CONTO
CONTO
Unha vez era unha filla dun rei que prometera casarse co que líe propuxera unha adiviñanza que ela non soubra acertar. Pero tamén desafiara coa forca aos que lle propuxeran algo que ela adiviñase.
Xa se presentaran moitísimos pretendentes e a todos os aforcaba, porque sempre lles acertaba o que lle propoñian.
Nunha aldea, cerca da corte, habia un mozallón que era o máis burro de toda a rodeada e tamén se líe meteu na chola ir pretender á princesa. Os irmáns del, para que non os fora avergonzar, pois xa o contaban por morto, trataron de convencelo de que non fora pero, ao que viron que non había maneira de tornalo, e para non pasaren pola vergoña de que seu irmán, o máis burro de canto se vía cos olios, se atrevera a pretender á filía do rei, envenenároníle un bolo de pan que levaba para a merenda.
O bo do Xan, que así se chamaba o mozo, colleu unha burra que tiña que lle chamaban Marta e púxose en camiño para o palacio do rei. Cando xa levaba un bo pedazo andado deulle o sono e quitoulle as alforxas á burra e deítouse a dormir. Mentras dormía a burra comeulle o bolo e, como estaba envenenado, morreu no intre. Cando Xan despertou xa era de noite e viu tres lobos coméndolle a burra. Meteuselle tal medo que se subiu a un castiñeiro que habla ah a carón e, dende o arbre, tirouhle un tiro a un lobo e, en vez de acertaríle ao lobo, matou unha lebre que andaba por alí pacendo. A mañán, cando se baixou do castiñeiro, xa estaban os lobos mortos. Colleu a lebre que matara e marchou máis contento ca unhas pascuas. Ahí cerca había unha ermida, meteuse dentro e, coas follas do misal, guisou a lebre, que tiña dous lebratiños na barriga. Como a carne da lebre e dos lebratos lle fixera moitisima sede foise á pía da auga bendita e botou un bo trago. Mentras tanto, armouse unha tronada de tódolos diaños e a enxotada arrastrou os despoxos da burra poío río abaixo. De que parou de chover, púxose o meu Xan outra vez ao camiño e, ao pasála ponte, viu que ía a burra polo río abaixo e sete corvos enriba dela corveando.
Cando chegou a xunto da filía do rei, propúxolle unha adívíñanza con tódalas cousas que lle pasaran polo camiño. A adiviñanza era así:
e ela matou tres despois de morta.
Tírei ao que vin
e matei ao que non vin.
Comín enxendrado e non nacido
con falas do Esprito Santo guisado
Bebín unha cunca de auga serea
que non estaba nin no ceo nin na terra.
Pasei un duro sobre un brando
e vin sobre un morto sete vivos cantando.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901