domingo, 7 de octubre de 2012

O OSO E O RAPOSO - CONTO

O OSO E O RAPOSO
CONTO




   
     Era un oso e mais un raposo, que andaban buscando comida, e o raposo díxolle ó oso:

    -Ai, Compadre, e que tal se ímos á granxa do tío Pepe e roubamos un porco.


    Pareceulle boa idea, e así fixeron. Foron silandeiros ata o corral, alí o oso, matou dun golpe o porco máis grande que atoparon, e marcharon correndo monte arriba.


    Cando xa non tiñan folgos, sentaron baixo un carballo, e o rapaso, pillastre, díxolle ó oso;


    -¡Ai Compadre! non sei ti, pero eu non podo coa miña ialma, ¿que tal se durmimos un rato? Podemos enterrar o porco, co rabo fóra para saber onde está.


    O oso, que foi quen levou o porco durante todo o camiño, aceptou sen dubidalo.. pero ocorreu que mentres o oso durmía, o raposo ergueuse, desenterrou o porco, e papouno enteiriño, deixando somentes o rabo. ¡Si que era lampón o raposo!. E, ben caladiño, deixou o rabo do porco onde estivera co resto do corpo..


    Cando o oso espertou e foron buscar o porco, atoparon o rabo, tal como o deixaran, e o raposo díxolle o oso que tirara el do rabo, pois era mais forte.


    Asi fixo o oso. Colleu alento, e tirou do rabo con tal forza que, caeu de cu no chan, e fíxose moito dano, pero cando se ergueu todo encabuxado o darse conta da broma, o raposo comezou a botarlle a culpa ó oso, e así estiveron discutindo ata que dixo o raposo:


    -Vamos deitarnos ao sol, e, ao que lle sude a barriga foi quen o comeu.


     Deitáronse a dormir, e o oso durmiu, pero o raposo ergueuse e mexou por riba do compadre, e chamouno.


    -Ai compadre! ti fuches o que comeches o porco, porque che suda a barriga.


    E así foi como o oso tivo que pedir disculpas e marchar para casa sen ter comido nadiña….


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901