IGREXA VIRXE DA BRANCA
BORBEN
BORBEN
PAZOS DE BORBEN
Situase na parte S-SE do concello, limitando cos municipios de Ponteareas e Mondaríz. Conta con 562 habitantes.
A parroquia de Borbén atópase encadrada nun bonito val . O río Borbén, que desemboca no Miño, "dividea" en duas partes. Nunha delas están os barrios de Cuartos de Borbén e Mosteiro, e na outra os de Pousiño e Sequeiros.
En
Borbén celébrase a Romaría máis importante do Concello, a do Santo
Aparecido, o último domingo de agosto.
Celébrase esta romaría no parque e miradoiro do monte tamén chamado Santo Aparecido, desde o que se pode gozar de fermosas vistas sobre o val do Borbén. Non faltan nesta festa a sardiñada e os grupos de gaiteiros e de danzas que acoden a esta cita imprescindible.

Moi
proximo ó parque-miradoiro do Santo Aparecido (a uns 300 metros
ascendendo polo monte) atopase o que se cadra é o gravado rupestre máis
importante de Pazos de Borbén,o denominado Pedra das Teixiñas.
Esta inscultura rupestre posúe varios grupos de gravados, sendo famoso un que representa unha gran combinación circular chea de coviñas e cérvidos.
Esta inscultura rupestre posúe varios grupos de gravados, sendo famoso un que representa unha gran combinación circular chea de coviñas e cérvidos.
Entre
os montes máis importantes de Borbén destaca o chamado Pedra Quitiña
(532m.). Este monte é un característico mirador dende o cal se pode
divisar practicamente todo o concello, especialmente a parroquia de
Borbén.
Outra das características máis importantes da Pedra Quitiña é
que practicamente a totalidade do seu terreo é arborado, pois foi
repoboado con piñeiros, en concreto. Podemos decir que todo o monte é un
gran piñeiral.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901