martes, 9 de octubre de 2012

VACALOURA - ESCORNABOIS


VACALOURA
ESCORNABOIS



     A vacaloura ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello (de familia Lucanidae) de gran tamaño, é facilmente distinguible os sexos: o macho dispón dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais.
 
      A larva deste insecto pasa de un a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde son abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos. As larvas desta especie teñen un apetito moi voraz: de tan só un gramo de peso, poden comer nun só día 22,5 centímetros cúbicos de madeira. As larvas alcanzan un tamaño cosiderábel, chegando incluso a 10 centímetros de longo.
 
      Os adultos aliméntanse da savia das árbores e de zume de froitas maduras. A vida trala metamorfose é moito máis curta ca da larva: tan só de quince días a un mes. Poden voar, alcanzando velocidades de 6 km/h.




     Existen diversas teorías sobre cómo se aparean, aínda que a máis probable é que os machos se agrupen en torno ás femias e as disputen en combates que poden chegar á morte dun dos contrincantes.
 
      As femias poñen os ovos en fendas nas árbores, os cales eclosionan sobre dous ou catro semanas tras ser postos.
 
      Este insecto é considerado o maior escaravello de Europa. O tamaño oscila entre 30 e 90 milímetros no caso dos machos e 28 e 45 milímetros nas femias.




XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901