sábado, 13 de octubre de 2012

URTICA DIOICA - ORTIGA


Urtica dioica 
Herba do cego 
Ortiga



     A Ortiga é unha planta de aspecto tosco, cun talo recto e  alcanza un metro aproximadamente de altura.
     As súas follas son rugosas,  dentadas e opostas, as súas flores son pequenas e verdosas.

     Son distintas según sexan masculinas ou femininas.


     A planta ten  uns pelos que teñen a forma de pequenas ampollas cheas dun líquido irritante que ó contacto coa pel provocan ronchas, escozor e prurito; este picor débese á acción do ácido fórmico. Estos peliños son moi duros e moi fráxiles na punta, polo que simplemente rozando a planta estoupan e xa actuan.
     Esta planta non ten moitos adeptos polo seu olor, aspecto e ademais pica de verdade o tocala. Os talos e follas están recubertos de pelos que o contacto ca pel segregan unha sustancia que producen irritación. Florece entre xuño e setembro.

     As ortigas teñen de todo dende o punto de vista medicinal, xa que son útiles para as hemorraxias do aparato respiratorio, a diabetes, os catarros e as bronquitis crónicas. Como uso externo: as hemorraxias do nariz, caída do pelo, dolores reumáticos e meninxitis ( con urtigación, frotación con ortigas). En fin unha planta sensacional.
     Chámanse tamén Estrugas.

     As flores poden ir na mesma planta ou en pes diferentes.
     Son abondosas alí onde hai moito nitróxeno, e polo tanto, nos lugares repoboados, onde se bota o lixo, camiños, etc.

     Aproveitanse para todo.

     As especies normais en Galicia son tres: a estruga urens que é anual e chega os 70 cms. A estruga membranácea tamén anual e da mesma altura. A estruga dioica que chega a 1,5 metros con rizoma longo.

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901