sábado, 13 de octubre de 2012

LAURUS NOBILIS L- - LOUREIRO


LOUREIRO
Laurus nobilis L.
Laurel





     O loureiro é bastante común preto dos ríos galegos, xa que inda que é unha arboriña de litoral, desplazouse moito polos ríos.

     Non ten perda,  as súas follas son moi características e o seu cheiro cando se corta a folla non ten igual.

     Sobra decir que é fundamental na cociña, xa que é un condimento básico para cocer o marisco e nos escabeches.

      A súa madeira é moi dura e cheira moi ben.


     
     As follas son moi evidentes, son coriáceas, borde enteiro lanceoladas, cor verde escura, máis pálida no envés. O rompelas e rozalas na man,  confiren un olor característico.



     O laurel dase prácticamente en toda Galicia, máis nas Provincia de Pontevedra e Coruña, xa que é moi abondoso no litoral e penetra polos ríos ata o interior.

     Quere chans que sexan húmedos, xa que non aguanta  a sequía. 

     O froito é unha baga pequena, primeiro verde e logo negra na madurez.

     O tronco é dereito. A cortiza e parda vermella. Copa baixa cónica.

     O ramo do loureiro é o símbolo históricamente da victoria, con este ramo eran coronados os príncipes e tamén se lle poña os poetas. Tamén era utilizada para venerar os deuses.
 
     O laurel é básico na cociña, sobre todo para cocer marisco, nos escabeches, etc.

 
     A madeira é moi dura e ten moitísima utilidade aparte do bon olor.

 
     As súas propiedades medicinais son abondosas: para o reuma, o estómago, etc.

 
     Tamén se utiliza como planta ornamental.


     

     Por último é curiosa esta historia: 
     É o obxecto preferido na astroloxía para o signo Aries.

     Ademais sobre o loureiro hai un refrán: "o que planta un loureiro nunca o verá medrar", este refrán fai mención de que o loureiro tarda moito en medrar.




SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901